luns, 26 de febreiro de 2018

24 de Febreiro... Día de Rosalía!

Os vagalumes tamén quixemos colaborar na elaboración da casa de Rosalía a través dun puzzle moi particular. Puxemos moito empeño para que quedara así de ben!


venres, 23 de febreiro de 2018

#AbrideAFiestra. Día de Rosalía

Este é o resultado final para festexar o Día de Rosalía. Graciñas a todas aquelas familias que nos enviastes fotos. Esta semana no cole tamén fixemos a Casa de Rosalía e adornamos as súas fiestras e hoxe escoitamos recitados de obras da autora e bailamos o "Merengue Rosalía".
  E esta é a Casa de Rosalía. Gústavos?



mércores, 21 de febreiro de 2018

#AbrideAFiestra

Cantas fotiños temos xa grazas á vosa colaboración para festexar o Día de Rosalía. Mirade, mirade...


 























 
 





Podedes ver as fotos dos alumnos de primaria e eso en: https://natualingua.blogspot.com.es/2018/02/abrideafiestra_19.html

O DIA DOS NAMORADOS

O pasado 14 de febreiro celebrouse o día dos namorados e da amizade e os vagalumes fomos a meter no buzón do amor e a amizade os nos debuxos para participar no concurso desta celebración. MOITA SORTE A TODOS!!!





Día da Lingua Materna

Hoxe é o Día da Lingua Materna e dende aquí queremos presentarvos ALÍ, unha páxina chea de recursos e materias en galego para os peques de 0-6 anos: para ler, para ver, para escoitar, para falar,... 

http://aliali.gal/

E así o celebramos no colexio!! 
Enchemos a nosa árbore de palabras fermosas en galego.


luns, 19 de febreiro de 2018

Excursión á Casa das Ciencias

Preme na imaxe para ver fotiños. Pasámolo superben...

https://photos.google.com/share/AF1QipNOHsuTOo1BL2qW5Z_-8iHkp2GDmK5SVy92elN5k0zlmY4FkW4ctxKWV6GPCD-7EQ?key=bVdobEQtQURjSjVES0FwaVNRVGJpb3JvTm5sZUl3

DESPEDIMOS O ENTROIDO

O pasado venres, e con moita pena, despedimos o Entroido por este ano. Pero fixémolo cunha festa de disfraces do máis orixinal!! Mirade que guap@s e divertid@s viñemos ao cole.










mércores, 14 de febreiro de 2018

Festa do entroido

Que ben o pasamos no desfile do entroido cos nosos disfraces de superheroes...; e despois a comerrrr... filloas, orellas, rosquiñas, periquitos,... Queres velo? Preme na imaxe. 

https://photos.google.com/share/AF1QipM2wp3yPytALc5Fr4gkx_q01_tfu_2w7IkFWLP0nJGbNEym_2jcLBlAMPK9PAYYhA?key=SUk3VjA3ekQ1eUxtakpHN203VXRjYks1ZzBwOWtR


E mirade que superheroes máis guapos que temos. @s Increíbles de 3 anos, os Spiderman e Spiderwoman de 5 anos e os Robíns e Robinas de 5. Serás capaz de recoñecelos?

xoves, 8 de febreiro de 2018

5º MANDADIÑO





















                   INVADIRANNOS OS SUPERHEROES. NON O PODEDES PERDER. 

4º MANDADIÑO

Hoxe vimos tod@s, cumprindo o penúltimo mandadiño do Xan Pericán 2018, cun bigote moi chulo.
A que estamos guapísimos!!!