luns, 8 de xaneiro de 2018

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Que ganas tiñamos tod@s de volver ao cole!!! Despois de tantos días de descanso, tiñamos moito que contar aos nosos amigos e profes, comezando polos agasallos que nos deixaran Papá Noel e os Reis Magos. Polo que se ve... estes pequenos vagalumes portáronse moooi ben porque tiveron moreas de regalos!! Pero esta mañá, na nosa aula, tamén tivemos unha enorme sorpresa... O Apalpador pasou por aquí e deixounos uns pequenos regaliños para cada un de nós!!! Uns lápices con gomas para taballar moito con eles.





Pero este non foi o único agasallo que tivemos. O Apalpador tamén nos deixou un paquete moi grande para todos os cativos da aula de 3 anos. Un xogo de mesa moi chulo dos Tres Porquiños!! 
QUE BEN O IMOS PASAR!!


Ningún comentario: