domingo, 29 de outubro de 2017

O SISTEMA SOLAR

Esta semana aprendimos que o Sistema Solar está formado polo sol e os planetas que xiran ao redor del por uns caminiños que se chaman órbitas, e saímos ao patio para facer de Sistema Solar. Ulises era o sol e os demáis planetas e satélites. Camiñando cada un polo seu camiño comprobamos que nunca chocamos.  QUE BEN O PASAMOS!!



martes, 24 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe, 24 de outubro, é o cumpreanos das bibliotecas escolares. E nós quixemos celebralo dun xeito especial. Queredes ver que agasallo lle fixemos á nosa biblioteca?... premede na imaxe e veredes

https://photos.google.com/share/AF1QipP1V0fnscUR3jQBJSJP6u9ruRaGmv-LWbepoPim_X2FP5bSD4R6lt0npJcQepg0Mw?key=eGRCZXA0WGJsN1JuWWdYdUNhb0I0VXR6eFlWLVpn

luns, 23 de outubro de 2017

SAÍMOS Á CONTORNA EN BUSCA DE CASTAÑAS

A semana pasada, todos os nenos e nenas de Infantil saímos do cole en busca de castañas.
Foi un traballo difícil porque o chan estaba mollado e había moitos ourizos que nos complicaron a tarefa, xa que non faciamos máis que picar os dedos ao intentar coller as castañas!! 
Pero que ben o pasamos! Aquí tedes unha pequena mostra do que desfrutamos esa mañá.
















O UNIVERSO EN 4 ANOS

Os vagalumes de 4 anos estamos a traballar o universo igual que os nosos compis. Trouxemos cousas moi chulas da casa grazas os nosos pais. Mirade!!!


                   Sara e Omar trouxeron uns traballos de investigación que fixeron cos seus pais.


                                           Patricia e Aroa viñeron cuns libros moi interesantes.


Noa trouxo un libro e unha pelota que é a Terra. Nadya un proxector de estrelas e planetas e un telescopio.



Lolita trouxo os planetas que xa colgamos e un puzzle magnético.



Qué ben o pasamos!!! e Canto aprendemos!!! GRAZAS FAMILIAS!!!










venres, 20 de outubro de 2017

O UNIVERSO NA AULA DE 5 ANOS

Os vagalumes de 5 anos tamén estamos traballando o universo. Temos xa moito material que levamos da casa como contos, un cohete, un sistema solar e unha bola do mundo. Grazas a todos e seguimos agardando máis cosiñas.

martes, 17 de outubro de 2017

SEGUIMOS CO PROXECTO DO UNIVERSO!!

Estes días, outros dos pequenos vagalumes da aula de 3 anos, estiveron achegando máis material sobre o noso proxecto do Universo. Desta volta, foron Andrés e Dylan os que nos sorprenderon con este cohete tan orixinal feito por el e a súa familia, e un traballo chulísimo sobre as distintas fases da Lúa. Como nos gusta traer cousiñas para ensinárlle-las aos nosos amigos!!! 
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.



Pero tamén Manuela nos quiso traer algo moi especial que ela tiña na súa casa. Trátase dun puzzle sobre do Universo. Canto traballo nos custou armalo entre todos!!! Pero o traballo en equipo ten a súa recompensa. Gustounos moitísimo!

luns, 16 de outubro de 2017

OUTONO CHEGOU....

 O outono chegou ao corredor de infantil. Temos follas e froitos do outono como: avelás, castañas, améndoas, landras... e uns animaliños moi curiosos: un raposo, un oso, un ourizo e un esquío moi travieso. Tamén temos uns banderíns moi chulos que adornan o corredor feitos por todos os peques de infantil.




     Os vagalumes de catro anos fixemos tamén ao señor outono. Mirade que chulis quedaron.













venres, 13 de outubro de 2017

O CUMPRE DE NOA


A festa non para na clase de 5º de infantil, hoxe celebramos o cumpre de Noa que fixo 4 aniños.
Comimos tarta que estaba boísima e démoslle moitos bicos e ela deunos unhas chuches moi chulis.
MOITAS GRAZAS E MOITAS FELICIDADES NOA!!!











mércores, 11 de outubro de 2017

COMEZAN A CHEGAR COUSIÑAS SOBRE O UNIVERSO NA AULA DE 3 ANOS

Estamos a comezar a recibir información moi interesante sobre o universo na nosa aula.
Cántas cousas estamos a aprender grazas a axuda e colaboración das nosas familias!!
Esta vez foron Nuria, David, Julia, Gabriel e Martín os encargados de ensinarnos todo isto.



ESTRENAMOS PANTALLA DIXITAL!!

Menuda sorpresa tiñamos hoxe agardándonos no cole.
Nada máis entrar atopámonos cunha gran pantalla dixital coa que seguro imos disfrutar a tope.
E que contentos nos puxemos!!!! Só hai que mirar as nosas caras de felicidade!
Agora si que o imos pasar ben na nosa aula.


martes, 10 de outubro de 2017

NADYA ESTÁ DE CUMPRE


Seguimos de festa na clase dos vagalumes de 5º de infantil, porque a nosa Nadya cumpre hoxe 4 aniños. Cantamos, comimos tarta, chuches, fixemos uns debuxos para ela e démoslle moitos bicos.
MOITAS FELICIDADES NADYA!!!










luns, 9 de outubro de 2017

O CUMPRE DE PATRICIA


Hoxe tivemos celebración na clase de 5º de infantil, Patricia cumpre catro anos e pasámolo xenial, soplamos as velas, comimos tarta e chuches. Tamén cantamos feliz cumpreanos. MOITAS FELICIDADES PATRI!!!!










martes, 3 de outubro de 2017

O UNIVERSO


Esta mañá as profes de infantil recibiron unha mensaxe de Librato, o noso rato da biblioteca. Tiña gardada unha sorpresa para todos nós.

Cando abrimos a porta, alí estaba Librato cuns libros moi raros que escondían unhas cousas moi chulis que poidemos ver a través dos móviles das profes. ERAN OS PLANETAS!!!





                   E PODÍAMOS TOCALOS!!!