xoves, 4 de maio de 2017

Fomos á horta...

Hoxe os vagalumes de 5 anos fixemos outra visita á horta e levamos unha sopresa.... non sabemos que bicho foi pero arrincounos todos os tomates e pementos😢😢😢😢. 

Na xornada de hoxe fixemos moito, moito traballo. Primeiro quitamos as herbas ao brócoli, coliflor e coles. 



Logo fixemos un semilleiro de perixel e metémolo no noso mini-invernadoiro. 


Finalmente, prantamos unhas fresiñas que trouxo a profe (haber se non nolas levan os paxariños) e transplantamos os guisantes que tiñamos en algodón. 



Ningún comentario: