venres, 28 de abril de 2017

ESTA SEMANA

Nesta semana celebramos o día do libro e os peques de tres anos fixemos uns marcapáxinas de abellas que non quedaron nada mal.




Tamén nesta semana empezamos co proxecto das abellas e Patricia xa trouxo un montón de información sobre elas que buscou co seu papá e que acabamos poñendo no corcho do noso recuncho das abellas.







Hoxe foi o meu cumple!

Hoxe celebramos o meu cumple cunha tarta de chocolate que lles gustou moito.






mércores, 26 de abril de 2017

Xogando no patio

Que ben o pasamos hoxe no patio. Todiño para nós sós, pois os compis de primaria foron de excursión. Mirade, mirade:


Draco e Andreia

Os vagalumes de 5 anos xa temos listos os nosos Draco e Andreia, protagonistas dun conto moi especial sobre as emocións e que en vindeiros días vos deixaremos por aquí para que tamén vós o poidades ler. Mirade que fermosos nos quedaron

luns, 24 de abril de 2017

Marcapáxinas

Onte foi o Día do Libro e hoxe non quixemos deixar de celebralo. Como xa estamos a traballar o Proxecto "AS ABELLAS" decidimos facer un marcapáxinas con forma de abella. Mirade que chulo nos quedou. 
















domingo, 23 de abril de 2017

Froita fresca

Esta semana difrutaremos novamente de froita fresca nos recreos


As fotos poderedes velas no blogue ardoradoalbeiroenflor.blogspot.com; aínda que procurarmeos subir nesta entrada algunha fotiño. Pero... xa sabedes, se as queredes ver todas... tedes que visitar o blogue.











































































































Apadriñamentos lectores 2017

Outra das actividades que fixemos en torno ao día do libro foron os APADRIÑAMENTOS LECTORES, que tanto nos gustan. E repetirémolos ao longo da vindeira semana. Aquí unhas fotiños do venres. 


venres, 21 de abril de 2017

COCIÑAMOS NA PASCUA

Os vagalumes de 3 aniños fixemos unhas piruletas de chiculate que estaban.... boísimas. Premede na imaxe e veredes.

https://photos.google.com/share/AF1QipN2mho2rZ_L1EwBV9pyX5JfnvWjOo9p_QqCeASgVOcKVVNxL7cF5wnBmd9mTf2pDA?key=bzA2RU9JZE04ajYwTW5sQ01vWVk0VS1BZzBOUTVn


Os vagalumes de 4 anos fixemos unha receita moi sinxela: masa de hojaldre e nutella.
Todos colaboraron na súa elaboración aínda que a algúns non lles gustou moito outros ata repetiron.
Aquí vos deixamos un collage dos cociñeiros!






Os vagalumes de 5 anos....TORRIXAS, tanto nos gustaron o ano pasado que quixemos repetir. E saíronnos riquísimas. Premede na imaxe e veredes.


xoves, 20 de abril de 2017

Día do Libro 2017

O vindeiro domingo día 23 é o Día do Libro pero no cole xa empezamos a celebralo hoxe. Aproveitando o bo tempo puxémonos e puxemos os libros en contacto coa natureza e difrutamos do proxecto lector no patio. Estas actividades están colgadas no blogue da biblioteca: biblioponte.blogspot.com
Pero tamén volas imos deixar aquí. Premede na imaxe e veredes...


E mañá seguimos a festexar o Día do Libro porque nos gusta un montón ler, observar, tocar, escoitar,... calquera tipo de libro. 

mércores, 19 de abril de 2017

Viaxe ao reino das emocións

TRABALLAMOS CON ANDREIA E DRACO







TRABALLAMOS TAMÉN COAS EMOCIÓNS

Cara de noxo:


Cara de susto:


Cara de risa:


Cara de enfado:


Abrazamos ao compañeiro de ó lado:


Cara de medo:


Somos sapos asustados:


Bicos de sandwich:





Gatos enfadados:


Inventamos o baile do enfado: