xoves, 26 de xaneiro de 2017

Aquarium finisterrae e Domus

Que ben o pasamos na excursión de hoxe visitando a CASA DOS PEIXES e a CASA DO HOME da Coruña; foi xenial. Aquí unha mostra e nos videiros días moitas, moitas fotiños...




mércores, 25 de xaneiro de 2017

CUMPRE DE SARA

Onte na clase de 4º de Educación Infantil estivemos de festa porque a nosa Sara fixo 4 aniños.
 Estes vagalumes estanse a facer grandes!
 Para celebralo comimos unha tarta que estaba boísima e unhas chuches superchulas. Para llo agradecer démoslle un montón de apertas. MOITAS FELICIDADES SARA!!!!!






luns, 16 de xaneiro de 2017

Cumpreanos de Carla!

Hoxe foi o cumple de Carla, cumpliu 5 anos xa! Trouxo unha tarta boísima, gustounos moito e despois fixémoslle un libro cos debuxos dos compañeiros.











sábado, 14 de xaneiro de 2017

Cociñamos polo Nadal

Tiñamos pendente o noso taller de cociña navideño e onte foi o día. Que ben o pasamos. Os vagalumes de 3 aniños fixemos bombóns de... chiculate. Estaban boísimos.

Os vagalumes de 4 anos fixemos renos con galletas oreo... riquísimos...


E os vagalumes de 5 anos fixemos papá noeis con fresas e un biscoito dun poboado navideños e figuriñas navideñas. Estábache boísimo e non deixamos nada.


martes, 10 de xaneiro de 2017

Despedimos o Nadal

Deste xeito despedimos hoxe o noso último nadal como vagalumes.... Xa recollemos todo, pero pasámolo moi, moi ben...




O CUMPRE DE KEVIN

Empezamos o segundo trimestre e na clase dos pequenos xa estamos de festa, porque hoxe celebramos o cumpreanos de Kevin. Pasámolo moi ben cantando e soprando a vela da tarta tan chula que lle fixo a súa nai e por suposto coméndoa, estaba boísima. Démoslle un montón de apertas. MOITAS FELICIDADES KEVIN!!!!







Aitor e Fabián xa teñen 5 aniños

E para rematar o trimestre festexamos o cumpreanos de Aitor e Fabián. Que rica estaba a tarta de tres chiculates que nos trouxo a súa mamá. E
ademáis unha caixiña de chuches para cada un de nós. Que maiores nos estamos facendo xa....



 
 PARABÉNS VAGALUMES. MOITOS BICOS

Cumpreanos de Antón

O pasado 16 de decembro foi o cumpre do vagalume Antón; un venres
xenial. Cantamos, sopramos, bailamos, bicamos,... e comemos unha tarta rica, rica e ademáis dounos un paquetiño de chuches. Moitas grazas Antón.

 



 MOITAS FELICIDADES ANTÓN. QUERÉMOSTE MOITO

domingo, 8 de xaneiro de 2017

Brebaxe contra o escorbuto

Agora que xa sabemos os piratas teñen moitas enfermidades debido á falta de hixiene e á mala alimentación e que facían brebaxes varios para tentar curalas ou, cando menos, paliar os seus efectos, decidimos facer nós tamén un brebaxe contra o escorbuto: a caída de dentes, por falta de vitamina C.


 Puxémonos mans á obra e decidimos entre todos os vagalumes de 5 anos que o noso brebaxe constaría de dúas culleradiñas de azucre, medio vasiño de zume de laranza e outro medio de zume de limón. Listos os ingredintes había que preparalo e probalo; se queres velo clicka na botella.

https://photos.google.com/album/AF1QipOB2EOuvhnDoKRbuGkQnl2mLGEKCIICXhasep4d?hl=es


Visitounos Malapata....

Cando xa pensabamos que o Pirata Malapata non se ía pasar polo colexio, pois só faltaba un día para írmonos de vacacións de Nadal, recibimos a sorpresa.
Fomos todos os vagalumes ver o nacemento que se monta na entrada do colexio cando de súpeto... unha voz ronca soou da consexería; seica xa levaba un anaco agardándonos e decidiu sentar na silla de Suso.
Que sopresa levamos... era o PIRATA MALAPATA que, ademáis de virnos facer unha visita, díxonos que nestas vacacións nos ía prearpar unha búsqueda do tesouro polo patio do colexio.

Aquí unhas fotiños da visita de Malapata

https://photos.google.com/album/AF1QipOYsSxBC3fZiqJ3q-eltdsV-xUXShPqmHuRG3TR?hl=es

sábado, 7 de xaneiro de 2017

Facemos un loro

Os vagalumes de 5 anos fixemos unha das mascotas dos piratas: un loro. Mirade que chulísimo nos quedou.