martes, 17 de outubro de 2017

SEGUIMOS CO PROXECTO DO UNIVERSO!!

Estes días, outros dos pequenos vagalumes da aula de 3 anos, estiveron achegando máis material sobre o noso proxecto do Universo. Desta volta, foron Andrés e Dylan os que nos sorprenderon con este cohete tan orixinal feito por el e a súa familia, e un traballo chulísimo sobre as distintas fases da Lúa. Como nos gusta traer cousiñas para ensinárlle-las aos nosos amigos!!! 
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.



Pero tamén Manuela nos quiso traer algo moi especial que ela tiña na súa casa. Trátase dun puzzle sobre do Universo. Canto traballo nos custou armalo entre todos!!! Pero o traballo en equipo ten a súa recompensa. Gustounos moitísimo!

luns, 16 de outubro de 2017

OUTONO CHEGOU....

 O outono chegou ao corredor de infantil. Temos follas e froitos do outono como: avelás, castañas, améndoas, landras... e uns animaliños moi curiosos: un raposo, un oso, un ourizo e un esquío moi travieso. Tamén temos uns banderíns moi chulos que adornan o corredor feitos por todos os peques de infantil.




     Os vagalumes de catro anos fixemos tamén ao señor outono. Mirade que chulis quedaron.













venres, 13 de outubro de 2017

O CUMPRE DE NOA


A festa non para na clase de 5º de infantil, hoxe celebramos o cumpre de Noa que fixo 4 aniños.
Comimos tarta que estaba boísima e démoslle moitos bicos e ela deunos unhas chuches moi chulis.
MOITAS GRAZAS E MOITAS FELICIDADES NOA!!!











mércores, 11 de outubro de 2017

COMEZAN A CHEGAR COUSIÑAS SOBRE O UNIVERSO NA AULA DE 3 ANOS

Estamos a comezar a recibir información moi interesante sobre o universo na nosa aula.
Cántas cousas estamos a aprender grazas a axuda e colaboración das nosas familias!!
Esta vez foron Nuria, David, Julia, Gabriel e Martín os encargados de ensinarnos todo isto.



ESTRENAMOS PANTALLA DIXITAL!!

Menuda sorpresa tiñamos hoxe agardándonos no cole.
Nada máis entrar atopámonos cunha gran pantalla dixital coa que seguro imos disfrutar a tope.
E que contentos nos puxemos!!!! Só hai que mirar as nosas caras de felicidade!
Agora si que o imos pasar ben na nosa aula.


martes, 10 de outubro de 2017

NADYA ESTÁ DE CUMPRE


Seguimos de festa na clase dos vagalumes de 5º de infantil, porque a nosa Nadya cumpre hoxe 4 aniños. Cantamos, comimos tarta, chuches, fixemos uns debuxos para ela e démoslle moitos bicos.
MOITAS FELICIDADES NADYA!!!










luns, 9 de outubro de 2017

O CUMPRE DE PATRICIA


Hoxe tivemos celebración na clase de 5º de infantil, Patricia cumpre catro anos e pasámolo xenial, soplamos as velas, comimos tarta e chuches. Tamén cantamos feliz cumpreanos. MOITAS FELICIDADES PATRI!!!!










martes, 3 de outubro de 2017

O UNIVERSO


Esta mañá as profes de infantil recibiron unha mensaxe de Librato, o noso rato da biblioteca. Tiña gardada unha sorpresa para todos nós.

Cando abrimos a porta, alí estaba Librato cuns libros moi raros que escondían unhas cousas moi chulis que poidemos ver a través dos móviles das profes. ERAN OS PLANETAS!!!





                   E PODÍAMOS TOCALOS!!!




xoves, 28 de setembro de 2017

SEGUIMOS A TRABALLAR.

Hoxe comezamos a coñecer diferentes froitos do outono (castañas, noces, avelás, landras, pistachos...) e pintamos uns banderíns cos que imos adornar o noso corredor.

Quedaron moi bonitos!!




mércores, 27 de setembro de 2017

luns, 18 de setembro de 2017

O CUMPRE DE JAVIER


 Hoxe na clase de 5º de infantil tivemos celebración xa que Javier cumpriu  4 anos, xa é un chicazo.
 Sopramos a vela do número catro e cantamos cumpreanos feliz, pasámolo moi ben.
 MOITAS  FELICIDADES JAVIER!!




venres, 15 de setembro de 2017

CUMPRE DE PAULA


Hoxe a nosa Paula cumpre cinco aniños e celebrámolo cunha tarta e unhas chuches boísimas.
 Estos vagalumes estanse a facer moi grandes!!!.
MOITAS FELICIDADES PAULA!!!





Comezamos un novo curso



Ola  os vagalumes xa estamos aquí un curso máis!!!!!


Esta semana os vagalumes de 4 e 5 anos comezamos un novo curso moi emocionados e con moitas gañas de traballar. Mirade que contentos.







 Tamén comezaron os novos vagalumes de 3 aniños que se portan moi ben e que estiveron de visita polo cole.





martes, 22 de agosto de 2017

SOMOS GRADUADOS!!!!!

Como pasa o tempo, aló van xa tres aniños e o noso paso pola etapa de infantil chega á súa fin. Danos moita pena deixar de ser vagalumes pero sabemos que é necesario. Para festexalo graduámonos e poñémonos así de guapos.

































PARABÉNS MEUS VAGALUMES. QUÉROVOS UN MONTÓN. DIANA.