mércores, 30 de novembro de 2016

martes, 29 de novembro de 2016

luns, 28 de novembro de 2016

Sara de aprendiz de piratas

Que ben o pasou hoxe a vagalume SARICAS comprobando a asistencia ao barco-escola


O CUMPRE DE ULISES

Hoxe celebramos o cumpre do vagalume máis pequeno na clase de 4º de E.I. O noso Ulises xa ten 3 anos!!! Comimos unha tarta moi boa, sacamos un montón de fotos e tomamos chuches que viñan nunhas bolsillas de piratas moi chulas. Démoslle tamén moitas apertas.  FELICIDADES ULISES!!!!






xoves, 24 de novembro de 2016

mércores, 23 de novembro de 2016

Cestiños para o magosto

Canto traballo nos deron os cestiños para o magosto, pero pasámolo moi ben facéndoos. Ademáis aprendemos unha cantiga: SEÑORA MARÍA, SEÑOR MANUEL, CASTAÑAS ASADAS E VIÑO CON MEL. E fixemos as caroutas da Señora María e do Señor Manuel.
Atrevédesvos a adiviñar que vagalume de 5 anos se agocha...















DEIXÁMOSVOS UNHA PISTIÑA... JAJAJA...


Inauguración da horta

O pasado día 17 demos por inaugurada a horta do cole. Fomos sachar un pouquiño para preparar a terra e así poder prantar. Pasámolo xenial. Clika na imaxe e veralo...

https://photos.google.com/album/AF1QipPLwMwIULZcyTRiJj1NbWsiqUhCvb_QCxUctUqZ

Cloe aprendiz de pirata

Que frío, que frío,... o que facía hoxe á mañá. Rapidiño entramos no barco-escola e a grumete CLOECISTA comprobou se estabamos todos.


Cloe fíxese maior

E seguimos de festa na aula dos vagalumes de 5 anos. A vagalume Cloe estivo de
cumpreanos. Xa ten 5 aniños e para festexalo trouxonos uns agasallos superchulis e unha tarta... para chuparse os dedos; ten boa estaba que case a comemos toda. 

MOITAS FELICIDADES CLOE. QUERÉMOSTE UN MONTÓN. 






















































Noe xa ten 5 aniños


O pasado 17 de novembro a vagalume Noelia
fíxose maior e xa ten 5 aniños.
Que ben o pasamos festexando o seu cumpreanos. Cantamos, bailamos, sopramos a candea do número 5, abrazámonos, e comemos unha tarta riquísima....

MOITAS FELICIDADES NOE


































martes, 22 de novembro de 2016

luns, 21 de novembro de 2016

Xoel de aprendiz de pirata

Hoxe o grumete XOELÍN foi o encargado de iniciar a xornada comprobando co catalexo a asistencia dos grumetes ao barco-escola


O CUMPRE DE OMAR

Na clase de 4º de E.I. non paramos de ir de festa. Despois do magosto da semana pasada hoxe celebramos o cumpreanos de Omar que fixo 3 aniños. Pasámolo fenomenal: sacamos unhas fotos chulísimas, comimos unha tarta da Patrulla Canina , chuches e démoslle un montón de apertas. MOITAS FELICIDADES OMAR!!!!






venres, 18 de novembro de 2016

Estes días tivemos moitas celebracións e actividades; cumpreanos, magosto, fomos á hortas, fixemos caretas de casteñeiros e castañeiras e o noso cestiño para o magosto. Foron dous días de moito traballo pero pasámolo xenial e aprendemos algunha cantiga:

SEÑORA MARÍA,
SEÑOR MANUEL
CASTAÑAS ASADAS
E VIÑO CON MEL.

Nuns días poderedes ver todo o que fixemos estes días. Bo fin de semana vagalumes......

José de aprendiz de pirata

Hoxe o encargado de comprobar os grumetes asistentes ao barco foi o grumete LARGUÍN.


xoves, 17 de novembro de 2016

Día do Peón

O pasado venres festexamos o DÍA DO PEÓN  no colexio. Fixemos buxainas, peóns, danzaricos,... con cds reciclados e con silicona. Aquí os vagalumes de 5 anos facendo os seus peóns:



QUE BEN O PASAMOS O VENRES FACENDO BAILAR OS NOSOS PEÓNS....



Lola e o catalexo

A grumete PELOLISO foi hoxe a encargada de comprobar a asistencia ao barco-escola.


mércores, 16 de novembro de 2016

martes, 15 de novembro de 2016

Icía pasando lista....

A grumete BLANCA foi a encargada hoxe de comprobar os asistentes ao barco-escola; e fíxoo así de concentrada:


luns, 14 de novembro de 2016