mércores, 28 de setembro de 2016

OS NOSOS PRIMEIROS TRABALLOS

Durante este mes de setembro os vagalumes de 3 anos vivimos moitas emocións e empezamos a facer os nosos primeiros traballiños.
Pintamos con rotuladores COMO NOS GUSTOU!!



Raúl, Nadya e Sara xogaron cos pinchos, Patricia, Kevin, Ulises e Javier coseron e Aroa e Noa estiveron mirando contos. 




Probamos a pintar co pincel e fixemos uns debuxos chulísimos.





Ahh e mirade que ben comemos no comedor. QUE RICO TODO!!!


domingo, 25 de setembro de 2016

Ainara faise maior

O pasado venres a vagalume Ainara estivo de cumpranos, xa son 6 aniños. 
Que ben o pasamos na súa festa, e que rica estaba a tarta que nos trouxo e tamén o paquetiño de chuches.... 

FELICIDADES AINARA



























QUERÉMOSTE UN MONTÓN


martes, 20 de setembro de 2016

Paula xa ten catro aniños....

Facémonos maiores... e proba delo é que xa iniciamos a celebración dos nosos cumpreanos. Onte, 19 de setembro, o turno foi para Paula, que xa ten catro aniños. Moitas felicidades compañeira


luns, 19 de setembro de 2016

O CUMPRE DE JAVIER

Hoxe celebramos o primeiro cumpreanos do curso na clase 4º de infantil. O novo vagalume Javier cumpriu 3 aniños, cantámoslle , sopramos a vela e repartimos unhas chuches moi boas. MOITAS FELICIDADES JAVIER!!!





luns, 12 de setembro de 2016

Outro novo curso

Os vagalumes de 4 e 5 aniños comezmos con moita ilusión este novo curso. Hoxe foi un día especial e pasámolo moi ben. Se premes no vagalume poderás ver algunhas fotiños.

https://goo.gl/photos/Vi5gbtAbWsWY3RDu6 

E tamén vos deixamos a xornada de xogos que tivemos hoxe. 


domingo, 11 de setembro de 2016

Xa estamos aquí de novo....

Ola vagalumes.... que tal de vacacións. Nós xa temos todos preparado para recibirvos mañá, pois temos moitas pero que moitas ganas de vervos.