venres, 29 de xaneiro de 2016

Día da Paz

Que ben o pasamos durante esta semana preparando a celebración do día da paz; e para rematar chiculate con churros.


O resultado do traballo da semana é este fantástico vídeo.

A viaxe da Antorcha

A antorcha foi entregada hoxe aos vagalumes de 4 anos; estamos supercontentos de tela entre nós, pois xa nos tardaba moito, moito.





E AQUÍ O MOMENTO DA ENTREGA


Xa está aquí o Entroido.

Xa está aquí o Entroido e, como todos os anos, xa temos no colexio a Xan Pericán. Sabedor que este ano o noso entroido xirará en torno aos Xogos Olímpicos, non quixo perderse a oportunidade de participar; e fíxoo na modalidade de ciclismo en pista.


Así que, xa sabedes, a participar dos seus mandadiños, que será moi divertido. Para LUNS:


xoves, 28 de xaneiro de 2016

OTO VISITA AS CASAS DOS VAGALUMES DE 4 ANOS

Oto vaise de visita á familias dos vagalumes de 4 aniños; como tiñamos pendentes amosarvos varias visitas aquí vos deixamos un enlace para que as poidades ver todas, e así comprobedes que ben o pasa Oto cos vagalumes e as súas familias. Se queredes velo, non tedes máis que clikar sobre OTO


Oto davos as grazas pola voa acollida que lle dades nas vosas casas. 

A viaxe da antorcha olímpica

A antorcha olímpica abandona aos vagalumes de 5 aniños.... para ser entregada aos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.




E ASÍ FIXEMOS A ENTREGA...



mércores, 27 de xaneiro de 2016

A viaxe da antorcha

Hoxe a antorcha está de novo cos vagalumes, nesta ocasión está na aula de 5 anos. Entregáronnola os alumnos de 5º e 6º de primaria.


ASÍ FOI COMO A RECIBIMOS

O CUMPRE DE DAVID

Hoxe tivemos outra celebración especial na clase de 5 anos. David cumpriu 6 anos.
 Estes vagalumes van facéndose grandes!!
A mami de David trouxonos unha tarta moi boa, e unhas chuches para cada un que lle agradecimos cun bico.
Tamén tivemos unha convidada moi especial a irmá de David , Nerea.

 MOITAS FELICIDADES DAVID





martes, 26 de xaneiro de 2016

A viaxe da antorcha

Aquí vos deixamos o momento no que os vagalumes de tres anos pasamos a antorcha olímpicas aos de 5º e 6º de primaria.

luns, 25 de xaneiro de 2016

Oto visita a casa de Lola

Oto ven de estar de fin de semana na casa de Lola; mirade que ben o pasaron...



Antorcha olímpica

A antorcha olímpica segue a súa viaxe polo colexio e hoxe foi entregada á aula dos vagalumes de tres anos por parte dos alumnos de 1º e 2º de primaria.






E neste vídeo podedes ver como foi esa entrega....


domingo, 24 de xaneiro de 2016

OS XOGOS OLÍMPICOS CHEGAN Ó COLE

Arrincamos novo proxecto neste segundo trimestre. Aproveitando que o 2016 é ano olímpico levaremos a cabo un proxecto sobre os xogos olímpicos.
As nosas mascotas, Lúa, Oto e Bimba xa nos teñen moitas cousas preparadas e sonche bastante traviesiñas pois xa se subiron ao podio que fixeron as profes e xogaron un anaquiño coa antorcha.




Se tedes algún material relacionado cos xogos olímpicos podedes prestárnolo un días. Desde hoxe quedan inaugurado os XOGOS OLÍMPICOS DOS VAGALUMES 2016

martes, 19 de xaneiro de 2016

O CUMPRE DE RAQUEL

Hoxe na clase de 5 anos andivemos de celebración. A nosa Raquel cumpriu 6 anos xa. Que maior!!!!
Trouxonos unha tarta riquísima que nos gustou a todos e moitas chuches. FELICIDADES RAQUEL!!!









luns, 18 de xaneiro de 2016

Fabián Manteiga e Oto

Fabián Manteiga levouse a todo de mini-vacacións esta fin de semana, e que fin de semana máis xenial pasaron xuntos coa familia de Fabián.


venres, 15 de xaneiro de 2016

Carla está de cumpre!!!

Hoxe tivemos festa na aula dos vagalumes de tres anos. A nosa compi Carla xa ten catro aniños e festexámolo por todo o alto.

MOITAS FELICIDADES!!!




luns, 11 de xaneiro de 2016

A familia aumenta

Os vagalumes de 4 anos estamos contentísimos pois o venres recibimos a un novo compañeiro. E aquí volo presentamos.



Foi un día moi divertido pois a sorpresa foi moi grande. Estamos supercontentos e toda a mañá estivemos pendentes deste novo vagalume: ensinámoslle os rincóns da aula, os espazos do colexio, xogamos, rimos, cantamos,... e marchamos moi contentos para a casa. 







BENVIDO JOSÉ MANUEL

Oto viaxa a Castrofieto con Icía

Oto foise de finde con Icía e pasárono moi ben xuntos...