xoves, 31 de decembro de 2015

Portadas 1º trimestre. 4 anos

Aquí vos deixamos as portadas dos traballos dos vagalumes de 4 anos durante este trimestre:

LIBRO DO OUTONO:



LIBRO DAS FICHAS:
















PROXECTO "O NOME":


 

PROXECTO "O MEDO", seredes quen de recoñecernos???????????????















mércores, 30 de decembro de 2015

Somos bruxiñas e bruxiños

E para rematar o noso primeiro proxecto deste curso O MEDO, disfrazámonos de bruxas e bruxos; mirade que cariña de boas bruxiñas e bos bruxiños temos:

Cociñamos polo Nadal

E aquí a nosa segunda clase de cociña deste curso. Nesta ocasión todo xira en torno ás froitas e, como non, o Nadal. Os vagalumes de 3 e 4 anos fixemos bastóns con plátanos e fresas e os de 5 anos ademáis dos bastóns tamén fixeron árbores con kiwis.... riquísimos.

Visita do Carteiro Real

O pasado 17 de decembro visitounos o carteiro real, a quen lle fixemos entrega das nosas cartas para os Reis Magos, que se pasaron polo cole o día 18. Que nerviosos estabamos, mirade, mirade....

martes, 29 de decembro de 2015

Atior e Fabián cumpren 4 aniños!!!

Que maiores nos estamos facendo os vagalumes de 4 anos. Non paramos de festexar cumpreanos; os nosos vagalumes Atior e Fabián estiveron de cumpreanos o 21 de decembro, pero non quixeron perderse a celebración na aula o 17 de decembro e a súa mamá trouxonos unha tarta riquísima: de chiculate!!!!!!!! e comémola toda. E tamén unhas chuches para cada un de nós. FELICIDADES COMPIS, QUERÉMOSVOS!!!





 E aquí vos deixamos máis fotiños deste fantástico día: parabéns, bicos, baile, tarta, chuches, ... pasámolo xenial.



Álex cumpre tres aniños!!!

E seguimos a festexar cumpreanos; nesta ocasión a noraboa é para Álex, que xa ten tres aniños. Menuda tarta máis rica nos trouxo a súa mamá; comémola case toda.
FELICIDADES ÁLEX!!!!




Antón está de cumpreanos!!!

O pasado 16 de decembro o noso compi Antón está de cumpreanos, e xa son 4 aniños os que ten. E, como non podía ser doutro xeito, nós celebrámolo por todo o alto.

Sopramos a candea do número 4, cantámoslle, bailamos,... de comemos esta tarta tan grandota e tan rica que nos trouxo.
E démoslle moitos, moitos bicos porque o queremos moito e porque tamén nos trouxo un paquetiño de chuches para cada un de  nós.



























mércores, 23 de decembro de 2015

ELBA gañou o premio da postal!!!!!

A vagalume Elba Fernández Pereiro foi a gañadora do concurso de Postais de Nadal 2015 que organizou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para enviar ás familias.
Recibiu o premio das mans de, nin máis nin menos, o rei Gaspar; e así de orgulloso estaba o rei e de nerviosa e tamén contentísima a nosa vagalume á hora de entregar o premio. NORABOA COMPAÑEIRA....


E este é o femoso deseño que mereceu o primeiro premio para Elba


As nosas actuacións de Nadal

DINOSAUROS NO NADAL, polos vagalumes de tres aniños.



AS CORES DO NADAL, polos vagalumes de catro aniños.




AO CHEGAR O INVERNO, polos vagalumes de cinco aniños.



QUE BEN O PASAMOS!!!!!!

luns, 21 de decembro de 2015

FELICES FESTAS

As mestras de infantil queremos aproveitar estas liñas para desexar aos nosos vagalumes e ás súas familias...


luns, 14 de decembro de 2015

xoves, 10 de decembro de 2015

Elba está de cumpre!!!


E seguimos a medrar na aula dos vagalumes de 4 aniños. Hoxe o turno foi para Elba, que xa ten 4 aniños.

Mirade que tarta máis chula fixo o seu papá; e o mellor de todo é que estaba rica, riquísima e case a comemos toda.

Pasámolo moi ben no día de Elba: soparamos as candeas, cantamos, bailamos, comemos tarta e démoslle moitos bicos á nosa compi porque a queremos moito, moito e porque nos trouxo un paquetiño de chuches para cada un.