xoves, 18 de decembro de 2014

Hoxaldres navideños.

Onte foi unha xornada divertidísima, pois fixemos a segunda receita do noso taller de cociña. Nesta ocasión elaboramos "hoxaldres navideños".
As mestras estiraron a masa e con moldes de figuras de Nadal (estrela, árbore, campá,...) nós fixemos as formas. Logo cinco minutiños no forno e... listos para comer.

mércores, 17 de decembro de 2014

Portadas 1º trimestre. 14-15.

Despois de moito traballo e esforzo aquí vos deixamos as portadas para os traballos do 1º trimestre dos vagalumes de 3 anos.














luns, 15 de decembro de 2014

Libriño do outono

A piques de rematar o outono, os vagalumes de tres aniños xa temos listo o libriño no que recollemos as características máis destacadas desta estación. Aquí volos deixamos.
















venres, 12 de decembro de 2014

Arcimboldo e o outono

Xa temos listos os nosos "Arcimboldos" do outono.
Sobre a nosa cara pegamos debuxos de froitos o outono, que previamente pintamos.


mércores, 10 de decembro de 2014

Hoxe Elba cumpre tres aniños!!!

Hoxe tivemos festa outra vez na aula de tres anos. Ímonos facendo maiores!!! E hoxe o turno foi para Elba, que xa ten tres aniños.

Mirade que pinta ten esta tarta que nos trouxo!!!
Despois de axudarlle a soprar as candeas e cantarlle "cumpreanos feliz" chegou o momento de probala. Mmmm.... boísima, gustounos a todos.
Graciñas Elba!!


 










MOITAS FELICIDADES ELBA. QUERÉMOSTE!!! 



Portadas Proxecto Prehistoria

Hoxe fixemos as portadas para o proxecto da prehistoria. Mirade que chulas nos quedaron.